Ventás a Terra

Anacos das nosas paisaxes.

Paisaxes que contan quen somos | Por Alex Martínez

Máis que simples fotografías, esta colección é un convite a asomarse á Galicia máis auténtica. Desde a xeometría hipnótica dos viñedos da Ribeira Sacra ata a soidade dun vello pilón ou o abrazo do inverno nos bosques de montaña.

Detrás de cada "fiestra" está a mirada de Alex Martínez. Fotógrafo profesional e docente de Imaxe e Son, Alex une a mestría técnica coa paixón de quen ama profundamente esta terra. Non captura simples paisaxes; retrata a natureza da que está namorado, buscando a luz exacta e o ángulo inédito —moitas veces a vista de paxaro— para revelar a alma do rural galego.

Cada lámina é unha peza de calidade museo, asinada polo autor, enmarcada en madeira sostible de Ayous e protexida para durar. Unha obra de arte lista para colgar no teu salón e facerte sentir, esteas onde esteas, a frescura e a historia da túa terra.

Abre a túa ventá as Terras de Trives e a Galicia.

 

Omitir para ir a lista de resultados
11 artículos
Columna de cuadrícula
Columna de cuadrícula

Filtro

Leva a historia e a beleza dos recunchos das Terras de Trives ao teu fogar.

Cada fotografía enmarcada prepárase co máximo coidado e protección, para que chegue en perfectas condicións.
Trátase de pezas grandes e delicadas, polo que o envío require unha embalaxe reforzada e unha manipulación especial.

Grazas por comprender que este coidado adicional forma parte do valor de recibir unha obra creada con calma, respecto e dedicación.