Sobre Neboanauta

Son Alex Martínez, fotógrafo e profesor técnico de Imaxe e Son. Levo anos ensinando e traballando coa luz, e aprendín que a fotografía non se trata só de capturar o que ves, senón tamén de descubrir o que non esperabas.

Neboanauta xorde dun camiño entre dúas néboas moi familiares para min: a de Lleida, onde nacín e habito, e a de Escuadrio, nas terras de Trives, berce dos meus avós paternos. A néboa sempre me cautivou: chega en silencio, transforma a paisaxe e fai emerxer o inesperado. Desa fascinación nace o nome: eu son o viaxeiro da néboa.

Cada fotografía, cada impresión, é unha homenaxe a As Terras de Trives e á Galicia interior, onde a beleza se atopa no cotián e nos silencios da paisaxe. Sen artificios: só a emoción de mirar lentamente e deixar que a luz e a paisaxe falen.

Os produtos de Neboanauta nacen para acompañar a morriña: para aliviar ese anhelo teimoso de volver á terra, ás paisaxes que nos fixeron e ás lembranzas que nunca nos abandonan. Son pequenas ancoras de identidade que conectan co que fomos, co que somos e co que sempre queremos regresar.

Traballamos con obradoiros que producen baixo demanda: sen excedentes, sen residuos, sen présas. Ese xeito de facer ten un custo, si, pero tamén un sentido: o coidado polo ben feito; o respecto polos materiais e a coherencia dun traballo responsable. Nada oculto, nada disfrazado.